BLOGUES

Un blogue é unha páxina web adicada á publicación de artigos nos que unha persoa expón a súa particular visión de temas variados de coñecemento público. Ao conxunto de todos os blogues que se poden atopar na internet chámaselles blogosfera. 

Pódese dicir que a blogosfera comeza a mediados dos anos noventa, aínda que a súa popularidade espallouse nos últimos cinco anos, sobre todo debido á facilidade de uso das ferramentas e plataformas que os crean e os manteñen.

O termo blogue vén do inglés web-log, que fai referencia á unha especie de diario na web. En español é común identificalo co termo bitácora. A diferenza dos grupos e foros (entendidos como lugares de encontro na internet de varias persoas que comparten unha mesma inquedanza), os blogues teñen a filosofía de seren un lugar desde onde unha persoa comparte as súas opinións con todo o que queira coñecelas.

Características

Un blogue reúne unha serie de características especiais que os distinguen doutro tipo de páxina web que se poida atopar na internet:

  • É creado por unha persoa para difundir as súas ideas e opinións.
  • Se o autor o permite, os visitantes poden deixar comentarios sobre o contido dos artigos, establecendo unha especie de diálogo.
  • Para crealos, existen plataformas na internet que dispoñen de ferramentas, doadas de utilizar, para editar os artigos e administrar os contidos e presentacións.

Estrutura

  • Cada blogue é diferente dos demais, pero todos teñen un listado de artigos, ordenados cronoloxicamente, aos que seguen os comentarios dos visitantes, caso de habelos.

  • Aínda que se trata de artigos de texto, pódense incluír imaxes, documentos en diferentes formatos, enlaces, vídeos…

Outros elementos

En barras laterais adoitan aparecer outros elementos: calendario, estadísticas de visitas, sección de busca de palabras, servizos de subscrición, páxinas, categorías, etiquetas
           
Non todos os blogues ofrecen a posibilidade de crear páxinas: artigos que non se publican ordenados cronoloxicamente.
Os artigos pódense clasificar en categorías e tamén poden ser etiquetados. Admiten unha ou varias categorías, así como etiquetas.
Páxinas, categorías e etiquetas poden aparecer cun  nome elixido polo autor do blogue. Neste caso, ás categorías chamóuselles temas.
   

Blogues de balde 

Traballo con WORDPRESS:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.