CMS

Un sistema de xestión de contidos (en inglés Content Management System) é un programa que permite crear unha estrutura de soporte para a creación e administración de contidos, principalmente en páxinas web, por parte dos participantes.

Consiste nunha interfaz que controla unha ou varias bases de datos onde se aloxa o contido do sitio. O sistema permite manexar de xeito independente o contido e o deseño. Así, é posible manexar o contido e darlle en calquera momento un deseño novo sen ter que dar formato ao contido outra vez.

Ademais, permite varios editores para un sitio, que poden publicar despois de que un usuario de nivel superior aprobe as publicacións.

Un sistema xestor de contidos sempre funciona no servidor web onde estea aloxado o portal. O acceso ao xestor faise a través do navegador e pode ser que haxa que facer uso de FTP para subir contidos.

Dependendo da plataforma empregada poderase escoller diferentes niveis de acceso para os usuarios, indo desde o administrador do portal ata o usuario sen permiso de edición.

JOOMLA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.